O Demo Meridiano: Lembranzas Dun Transgresor

Autor:
Xosé Chao Rego
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788497821032
Idioma
Gallego
Nº de páginas
256
Formato
Rústica
18,80€

Sinopse Este libro recolle as memorias de Igrexa de Xosé Chao Rego, unha das figuras máis brillantes do pensamento galego contemporáneo, o escritor e ensaísta que quizais máis páxinas teña publicado na nosa lingua. Un volume que completa o percorrido vital e biográfico iniciado no libro de Daniel López Muñoz “Conversa con Xosé Chao Rego”. Nestas memorias, escritas nunha prosa coidada, fermosa e cativadora, o autor rememora dende a súa peripecia vital de neno vilego, os seus anos de formación e docencia no seminario, as súas estadías en Roma e Alemaña, ata o seu exercicio do ministerio de sarcedotal durante dezasete anos na ferrolá parroquia de Santa Mariña do Vilar. As memorias fascinantes dun home libre e xusto ao que nada que humanice e libere lle resultou alleo e indiferente; as lembranzas dun transgresor que marcou a súa vida toda pola convicción profunda que “fóra do mundo non hai salvación.