O Espello Do Mundo

Editorial:
Calendario Xerais 2014 Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788491210511
Idioma
Publicado
2016
Nº de páginas
0
Formato
Rústica
17,30€

Martiño recibe o encargo de desentrañar os contidos duns documentos de moita antigüidade que teñen que ver co devir histórico dun convento de monxas denominadas «onas». Neles emerxe Ona Guiomar, a abadesa de San Pedro de Ramirás, que mantén unha enigmática correspondencia co estranxeiro. O espello do mundo, primeira novela de Ramón Nicolás, presenta un feitío de novela histórica, incorporando textos de orixe documental, que por veces son pura fabulación e outras non, ao servizo do deseño dunha época esvaecida na historia de Galicia que cobra, agora, unha nova perspectiva.A conexión coa trama histórica, enraizada no cenobio feminino de San Pedro de Ramirás (Ourense), vincúlase, ideolóxica e espiritualmente, con determinadas correntes relixiosas da Alemaña da época e particularmente coa figura de Hildegarda von Bingen. A esta realidade asómase Martiño, quen deberá afondar na revelación dos segredos que se atesouran nunha relación epistolar inédita con contidos altamente reveladores.