O ESPERTAR

Autor:
Kate Chopin
Editorial:
Aira Editorial
ISBN
9788412736809
Idioma
Gallego
Publicado
2023
Nº de páginas
0
Formato
Rústica
18,00€

Edna Pontellier vive un matrimonio cómodo, mais anódino, en Nova Orleans, no século XIX. Aínda que se leva ben co marido, a presenza dun atractivo amigo da familia e a calor do verán á beira do golfo de México van transformar o seu xeito de ver a vida para sempre.
O espertar, de Kate Chopin, escrita no 1899, lese no noso tempo coma se se acabase de inventar. As emocións da protagonista, nai e muller casada que non atopa acougo para o seu aborrecemento, seguen a trabar nas mulleres actuais. O espertar do título refírese a ese momento no que unha muller entende qué é o importante da vida, aquilo que a eleva sobre os demais, e decide experimentalo aínda que iso poña en risco todo o que lle parecera permanente.