O Ganso Salvaxe

Autor:
MORI OGAI/GABRIEL ALVAREZ(TRAD.)
Editorial:
Irmás Cartoné
ISBN
9788412147025
Idioma
Publicado
2021
Nº de páginas
176
Formato
Rústica
14,50€

Otama é unha moza humilde á que as circunstancias e o desexo de coidar do seu ancián pai empurran a aceptar ser a concubina dun bedel convertido en usureiro . Okada é un gallardo estudante de medicina cuxos paseos o levan con frecuencia por onda a nova residencia de Otama . O destino , a casualidade e as convencións sociais levarán a que unha e outro se observen , se acheguen e se afasten nunha historia onde o que non se chega a dicir - e o que non chega a suceder - expresa tanto como todo o dito .