O Home De Negro

Autor:
An Alfaya
Editorial:
Edicións Embora
ISBN
9788416456826
Idioma
Publicado
2018
Nº de páginas
90
Formato
Rústica
10,00€

O home de negro proponnos unha trama singular, a dunha escritora que comeza a relatar “a historia dun home que un día espertou dun estraño soño onde el era o único habitante dun espazo branco” e que, a partir dese momento, vai converterse nun ente autónomo que dirixe o seu propio destino e mesmo interactúa coa súa creadora. A grande imaxinación despregada por An Alfaya nesta obra así como as implicaturas filosóficas que encerra o seu relato fan desta novela un texto que debe interpretarse cunha mirada aberta, que nace con vocación de chegar a un abano amplo do lectorado.