O Home Que Era Xoves

Autor:
ww,aa
Editorial:
2.0 Editora
ISBN
9788493757922
Idioma
Gallego
Publicado
2021
Nº de páginas
208
Formato
Rústica
9,00€

Gabriel Syme, membro do destacamento contra-anarquista de Scotland Yard, introdúcese na cúpula do movemento anarquista londiniense de primeiros de século, grazas o seu enxeño e habilidade verbal, coa intención de impedir a materialización dos seus propósitos. A partir deste momento verase envolto nunha aventura chea de persecucións e descubrimentos inesperados, de insólitas alianzas e intrigas que han desembocar nun final sorpresivo e, en certo modo, inevitable. O ritmo trepidante que caracteriza á trama e o uso de técnicas narrativas tan singulares como a propia historia, próximas o Flann O’Brien máis lúcido (O terceiro policía) ou a referentes da ficción social actual como as series Lost ou Heroes, son claves dunha novela que ocupa por méritos propios un lugar destacado na literatura universal. A obra de Chesterton é amplísima e non contén unha soa páxina que non ofreza felicidade (J.L. Borges) Chesterton é un artista da palabra (A. Huxley) Chesterton tiña máis sentido común que todos os escritores modernos xuntos (C.S.Lewis) Xamais decepcionou ao enfocar cun alto nivel de sabiduría moral os problemas máis confusos da súa época (Marshall McLuhan).