O Lector

Autor:
Bernhard Schlink
Editorial:
Editorial Hugin E Munin
ISBN
9788412259322
Idioma
Publicado
2021
Nº de páginas
224
Formato
Rústica
15,00€

Cun propósito catártico, Michael Berg plasma por escrito a historia que, na adolescencia, o vinculou para sempre con Hanna Schmitz, a muller coa que, malia lle dobrar a idade, mantivo unha relación secreta caracterizada pola descuberta, o erotismo e unha atmosfera tan enigmática coma atractiva, na que tamén tiña cabida a lectura: día tras día, o mozo líalle en voz alta os grandes clásicos da literatura. Así decorrían as súas xornadas xuntos até que de socato ela desaparece. Anos máis tarde, Michael, xa estudante de Dereito, acode canda os seus compañeiros a un xuízo contra cinco gardiás dun campo de concentración, no marco do terror nazi. En consecuencia, vese enfrontado a uns feitos dramáticos e obrigado a calibrar os límites entre a compaixón e a xustiza; no ?n de contas, deberá recompoñer a lembranza da muller que amou a ?n de se liberar da culpa e do peso dos recordos. Construída a partir de diversos elementos autobiográ?cos, O lector achega unha reflexión sobre a barbarie nazi e pinta, en paralelo, unha relación amorosa de fonda pegada. Aborda pois moitos dos problemas cos que as novas xeracións de alemáns tiveron que lidar tras a Segunda Guerra Mundial: a culpa, a redención e a responsabilidade. Esta sutil e valente obra foi traducida a máis de corenta linguas, vendeu millóns de exemplares en todo o mundo e foi distinguida con importantes premios a nivel internacional. Deu pé, así mesmo, a unha soada versión cinematográ?ca en 2009.