O libro cero

Autor:
Jorge Emilio Bóveda
Editorial:
Editorial Galaxia, S.A.
ISBN
9788491516088
Idioma
Publicado
2021
Nº de páginas
192
Formato
Rústica
16,50€

Pastor Páez, antigo policía nacional, introvertido e cataléptico, sente a necesidade de comezar todo novamente; de topar o punto cero do mundo e da súa vida. Para iso embárcase nunha viaxe por varios países semellándolle pouco a pouco que a súa vida anterior tece un mecanismo invisible que marca os seus pasos, teimando en levalo de cabeza a un fin insospeitado de consecuencias estarrecedoras. Unha novela metaliteraria de grande orixinalidade que se move entre varios xéneros recoñecibles e cuxa estrutura supón un cadro; unha litografía de escaleiras que se soben a si mesmas que ben podería ser da autoría de Escher.