O Merdeiro Personaxe Da Ribeira

Autor:
ww,aa
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A. Baía Edicións
ISBN
9788409567027
Idioma
Publicado
2023
Nº de páginas
0
Formato
Rústica
20,00€

A idea de facer un libro xa levaba anos aí. Chegou a nós o estudo de Xerardo Santomé, O Merdeiro: un personaxe do Entroido vigués (Apuntamentos para a súa recuperación) (2006), e grazas a el esta figura saíu de novo á rúa, temos moitísimo que agradecerlle. Nas diversas saídas que fomos tendo ao longo destes anos e tamén a nivel familiar xurdiron moitos informantes. Aí démonos de conta de que o Merdeiro non estivo tan oculto nin se perdera como pensabamos. Foi unha figura que estivo aí latente e tivemos a necesidade de expor todo isto e sacalo cara a fóra continuando o que comezou Xerardo.O traballo baséase en varios anos de investigación tanto en fontes orais como nos arquivos. Neste segundo punto fixo un papel moi importante Xerardo con toda a prensa de comezos de 1920. Investigamos as fotografías que sabiamos que podía haber na revista Vida Gallega e traballamos moito no Arquivo Pacheco. Atopamos moitas fotografías fundamentalmente referidas a un carnaval burgués: carrozas que saían pola cidade creadas polas sociedades recreativas. Isto é o que contrapomos, os dous modelos de entender a festa que existían en Vigo: o carnaval burgués e o Entroido popular.