O Nacionalismo Kármico De Vicente Risco

Autor:
Joaquim Ventura Ruiz
Editorial:
Editorial Laiovento, S.L.
ISBN
9788489896734
Idioma
Gallego
Nº de páginas
160
Formato
Rústica
12,10€

Sinopse Malia as confesións que fixo en Nós, os inadaptados (1933), o ingreso de Vicente Risco (cos seus amigos Ramón Otero Pedrayo e Florentino López Cuevillas) no nacionalismo galego respondía máis a un medo a deixar de pertencer a unha terra e a un tempo do que a un compromiso ideolóxico e racional. Vicente Risco, diletante e esnob na mocidade e na madureza, achegouse ás Irmandades da Fala coa única bagaxe que posuía: a Teosofía. Esta circunstancia foi repetida mil veces pola crítica literaria galega, pero ninguén se detivo a analizar, polo miúdo, en que consistía esa doutrina (de definitiva, un orientalismo de manual para consumo de europeos ociosos). Esa foi a orixinalidade de Risco, verbo doutros pensadores nacionalistas, na formulación da súa teoría. Segundo hindús e budistas, temos un corpo físico, un espírito e mais un corpo astral (karma) que se reencarna despois da morte. Do mesmo xeito, para Risco os pobos -e o pobo galego non era distinto- teñen un corpo físico (a súa xeografía, as marcas da historia), un espírito (a súa cultura tradicional) e un karma colectivo (a vontader de ser). Xeración tras xeración, este karma renóvase e cómpre que cada reencarnación expíe os pecados dos devanceiros. Risco tiña para si que os seus amigos e el pertencían á xeración chamada a redimir os pecados contra a Terra Galega, cometidos polos seus antepasados (preminencia da cidade, preferencia por unha lingua forasteira antes do que a propia, amor polo diñeiro antes que polos ideais). E só erguendo o veo da Mentira (o veo de Isis, que predicou Madame H. P. Blavatsky), será posíbel dewscubrir a Verdade: Risco vía moi claramernte nesa verdade a Galiza inmaculada, e na Mentira a cultura española, urbana, gregaria, materialista.