O Parnaso Sobre Rodas (Nova)

Autor:
Christopher Morley
Editorial:
Rinoceronte Editora
ISBN
9788417388607
Idioma
Publicado
2021
Nº de páginas
52
Formato
Rústica
16,00€

Helen McGill é unha muller de 39 anos que vive nunha granxa co seu irmán, Andrew, ao que só lle interesa converterse nun escritor famoso. Helen está cansa de ter que coidar sempre del, así que, cando Roger Mifflin se presenta na súa casa coa intención de venderlle a súa librería ambulante a Andrew, decide mercala ela mesma. Helen quere aproveitar esta oportunidade para vivir as súas propias aventuras e percorrer o mundo, e a travesía co señor Mifflin, chea de andanzas e sucesos extraordinarios, fai que se entusiasme coa natureza e cos libros e descubra os valores e o estilo de vida dun vendedor ambulante.