O Que Darwin Non Previu

Autor:
Alba Payo Froiz
Editorial:
Urco Editora
ISBN
9788493812133
Idioma
Gallego
Nº de páginas
192
Formato
Rústica
12,00€

Unha pequena vila vive rodeada polo exército, que ten como misión impedir por todos os medios que os poboadores saian dos límites do cerco imposto. O motivo? Os habitantes sofren unha enfermidade que mata a case a totalidade dos que a padecen e, aqueles que sobreviven, gañan distintos poderes inesperados e incontrolábeis. O medo esténdese e as comunicacións co exterior acaban por cortarse do todo, polo que o nerviosismo vai medrando aos poucos. A necesidade dun líder vólvese imperiosa e Ero, o único doutor que segue en funcións na vila, ten que tomar difíciles decisións polo benestar da súa cidade mentres intenta resolver o que é o que está a pasar e o que pode facer para salvar á minguante poboación. Esta historia, unha trepidante historia postapocalíptica onde nada é o que parece e os protagonistas deben chegar até o límite para poder sobrevivir, é a primeira obra de Alba Payo Froiz e con ela inaugúrase a Colección Alcaián, onde se publicará a narrativa dos autores noveles galegos.