O Rei Branco

Autor:
Gyorgy Dragomán
Editorial:
Rinoceronte Editora
ISBN
9788492866564
Idioma
Nº de páginas
230
Formato
Rústica
18,50€

Djata, un neno de once anos, vive só coa súa nai na Romanía dos anos 80, despois de que requirisen a presenza do seu pai nun “centro de investigación” durante unhas semanas. O tempo pasa e o pai non volve, xa que en realidade foi internado nun campo de traballos forzados por opoñerse ao goberno. Mentres, o neno vai medrando entre as pelexas cos outros rapaces, os xogos, a descuberta da sexualidade, as desilusións e o choque co mundo dos adultos, no contexto de represión e medo dun sistema totalitario que se esfarela. A través de 18 capítulos, ou relatos interconectados, Dragomán ofrece o retrato que un neno pinta dunha sociedade onde a violencia xera violencia, un fresco que combina o horripilante co humorístico.