O SON EN QUE CADA LINGUA SE SOLTA

Autor
Alberto Álvarez, Tamara Andrés, Ana Luna Alonso
Editorial
Universidade de Vigo - Publicacións
ISBN
9788411880169
Idioma
Gallego
Publicado
2024
Nº de páginas
323
Formato
Rústica
Colección
Fora De Coleccion
Dimensiones
17 x 24 cm
10,00€

LUÍSA VILLALTA TRADUTORA, LUÍSA VILLALTA TRADUCIDA

A tradución cara ao galego forma parte da historia da nosa literatura. Ao entrar en diálogo coa creación propia, os textos traducidos achegan novas formas estéticas, criterios, temas e valores que configuran o polisistema nacional. Coñecer que obras se traducen ou indagar nas que non se traducen ou quen leva a cabo a mediación permite analizar o campo literario dende unha perspectiva sincrónica e diacrónica.

Luísa Villalta, autora celebrada no Día das Letras Galegas 2024, contribuíu a incorporar ao canon galego obras dramáticas fundamentais na historia da literatura teatral italiana como son o Manifesto por un novo teatro, de Pier Paolo Pasolini (Cadernos da Escola Dramática Galega, A Coruña, 1994) e A Mandrágora, de Niccolo Macchiavelli (Laiovento, Santiago de Compostela, 1998), esta última en colaboración con Francisco Pillado Mayor. Esta escolla, que conforma a primeira parte do volume, responde a un gusto persoal, tal e como se expresa nas reflexións e nas notas que xustifican as decisións adoptadas. Incluímos tamén aquí as versións en castelán dalgúns poemas de Manuel María, X. L. Méndez Ferrín, Uxío Novoneyra ou Pura Vázquez, que a Villalta tradutora procurou con vagar para dar a coñecer a produción literaria destas autorías no marco ibérico.

Nunha segunda parte da monografía, e froito da convocatoria de traducións lanzada pola revista Viceversa, Revista galega de tradución, ofrecemos unha serie de textos de Villalta, en verso ou en prosa, traslados a varias linguas (alemán, castelán, francés, inglés, italiano e polaco), sempre acompañados da versión orixinal que mantemos na grafía da escritora. As propostas de tradución conteñen algúns peritextos (notas e comentarios) que achegan luz sobre os retos que supón versionar para outros espazos e linguas á autora da Cidade Alta.

destacados (28) , novedades (16)