Obediencia

Autor:
Antón Lopo
Editorial:
Editorial Galaxia, S.A.
ISBN
9788498653182
Idioma
Publicado
2021
Nº de páginas
352
Formato
Rústica
19,95€

Ao século XXII, o goberno .da República Galega perdeu o dominio de todo o territorio e centra a súa acción na capital, Compostela. Elba Mácara está ingresada nunha residencia para científicos con problemas psicolóxicos: cre prever o destino mediante cálculos matemáticos. Cando consegue fuxir, refúxiase na Alemparte, un ermo salvaxe onde ten ba­se o grupo resistente Alogon. Obediencia é unha novela de aventuras que Antón Lopo (Monforte de Lemos, 1961) transforma nunha orixinal e atractiva visión sobre o control da mente e a liberdade.