Obra Inacabada De Dosinda Christensen

Autor:
XERARDO QUINTIA MAURIZIO QUARELLO(ILU.)
Editorial:
Alvarellos Editora Técnica
ISBN
9788416460984
Idioma
Gallego
Publicado
2021
Nº de páginas
182
Formato
Rústica
14,90€

Obra inacabada de Dosinda Christensen (Alvarellos Editora, 2021) recibiu, en 2020, o Premio de Poesía do Concello de Vilalba (Lugo) na súa edición número 46. A voz poética que emerxe nestes versos, depurada ata o extremo, é a de Dosinda Christensen. O autor, Xerardo Quintiá (Friol, Lugo, 1970) imaxina un heterónimo, unha voz feminina que anula a súa propia voz de autor e será ela a protagonista da obra. Esta voz de Dosinda vai creando, dende a nada, e a través da palabra, todo un mundo arredor, unha nova realidade construída a través de significantes e significados. Este poemario conta coa colaboración do artista e tamén poeta Baldo Ramos na ilustración da capa.