Onde As Rúas Non Teñen Nome

Autor:
Xurxo Ayán/Manuel Gago
Editorial:
Edicións Positivas, S.L.
ISBN
9788412242164
Idioma
Gallego
Publicado
2021
Nº de páginas
255
Formato
Rústica
18,00€

? Nas páxinas que seguen non procuro aproveitarme das fírgoas do sistema, de adentrarme no mundo dos ?ismos e das modas do mercado. Non precuro ser unha versión local, un epígono dos mundos persoais e irrepetibles de Xuan Bello ou Ryszard Kapuscinski. Tampouco vou defender identidades asoballadas, sexan do Primeiro ou do Terceiro Mundo. Non son un médico sen fronteiras, nin son un misioneiro. Vou falar de homes e mulleres, do presente e do pasado. Como dicía un coñecido David Lowenthal o pasado é un país estrano, habitado, habitado por xente que xa non está, pero que un pode lembrar ou mesmo inventar. A idea de que a Historia é a mestra da vida é unha estupidez, clásica iso si. Non creo no seu poder para fornecer leccións morais, nin que sexa unha simple narrativa de lecer, unha retórica baleira. Non. Vou falar, na miña lingua materna, de oralidade, de memoria, de identidade, de trauma, de emigración, de guerra. Quizabes seguiremos sen saber como nos chamamos. Pero alomenos poderemos comezar a coñecer ao Outro e, de paso, coñecérmonos a nós mesmos. Coñecérmonos a Nós-outros.