Ortografía Da Lingua Galega: Descrición, Regras E Ditados

Autor:
María Xesús Méndez Álvarez
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788497822374
Idioma
Gallego
Nº de páginas
256
Formato
Rústica
25,00€

Nesta “Ortografía da lingua galega” o lector atopará unha recompilación exhaustiva de todos os aspectos gráficos que atinguen á correcta escritura da lingua galega (vogais, consoantes, acentuación, puntuación…) cunha presentación razoada das regras ortográficas e con numerosos consellos sobre a pronunciación de vogais, consoantes implosivas, dígrafos, ditongos e hiatos. Ademais, ofrécese nesta obra unha proposta práctica a través de textos, organizados en distintos niveis de aprendizaxe, con intención de que o usuario resolva as dúbidas que se lle presenten e mellore a súa competencia lingüística. Actualizada segundo a nova normativa, esta ortografía, ampla e clara na exposición dos contidos e didáctica na aplicación da práctica, é unha obra destinada tanto ao profesorado, alumnado e persoal das administracións como a un público amplo que pretende mellorar o uso escrito da lingua