Os Alimentos Terrestres E Os Novos Alimentos

Autor:
Andre Gide
Editorial:
Editorial Laiovento, S.L.
ISBN
9788484871422
Idioma
Gallego
Nº de páginas
166
Formato
Rústica
12,00€

Ramallos axitados de forma desigual... é porque a diversa elasticidade das súas ramiñas, facendo diversa a súa resistencia ao vento, fai diverso tamén o impulso que o vento lles dá... etc. Pasemos a outro tema... Cal? Ao non haber composición non debería ser necesario elixir... Dispoñible, Nathanaël, dispoñible!. Pero nesta balada falaba sobre todo dos homes e das mulleres e non cha digo agora porque non quero personalizar. Pois xa notaches que neste libro non hai ninguén. E mesmo eu non son nada máis que Visión. Tira o meu libro; di que só é unha das mil posturas posibles ante a vida. Busca a túa. Non fagas o que alguén tería feito tan ben coma ti. Non digas o que alguén tería dito tan ben coma ti, e escrito tan ben coma ti, non o escribas, Sinte apego nada máis que por aquilo que só está en ti mesmo e en ningunha outra parte, e crea de ti, con impaciencia ou con paciencia, ah! o máis insubstituible dos seres