Os Ditosos Anos Do Castigo

Autor:
Fleur Jaeggy
Editorial:
Rinoceronte Editora
ISBN
9788492866625
Idioma
Gallego
Formato
Rústica
14,00€

Sinopse No Bausler Institut, internado feminino situado no cantón suízo de Appenzell, pasa a protagonista desta historia a súa infancia e parte da súa xuventude. A aquel ambiente represivo e enfermizo chega un día Frédérique, unha rapaza diferente que a atrae e a desconcerta. Fleur Jaeggy asómanos á ventá dese lugar estraño cunha prosa lacónica, que cala e suxire, e que nos atrapa nesta historia de erotismo velado, sentimentos calados, soidade e loucura. Os ditosos anos do castigo (1989) recibiu o prestixioso Premio Bagutta en 1990 e é a primeira obra de Jaeggy vertida ao galego.