Os Fios

Editorial:
Editorial Galaxia, S.A.
ISBN
9788498653267
Idioma
Gallego
Nº de páginas
180
Formato
Rústica
16,50€

A novela comeza un venres outonizo e soalleiro no que Antón Queguas chega a un hotel rural na procura de descanso e rutas de montaña. Citouse alí con Lidia, a súa parella, á que só ve durante as fins de semana. Cando sobe á habitación, decátase de que a calefacción non funciona, polo que pide axuda á empregada do establecemento, Baldi, unha rapaza moi nova, pouco faladora e esvaidamente misteriosa. Iníciase daquela un xogo de azares e malentendidos que van cambiar por completo a vida dos personaxes. Uns meses máis tarde, Antón recibe a notificación dun avogado: Baldi está embarazada e cítao para unha proba de paternidade. Lidia, sentíndose traizoada, percorre as estradas co seu catálogo de pintura contemporánea, mentres tenta afogar os accesos de xenreira e rancor que a asolagan. E aínda hai un terceiro protagonista, Chano Bendaña, un modesto artesán xoiero que se ve implicado, dun xeito inesperado, nunha enxurrada de confusións. Antón, Lidia e Chano: tres historias que camiñan pola fronteira do cotián e do absurdo, enfiadas por Xurxo Sierra con intelixencia e saber facer narrativo. Unha historia de vidas cruzadas na que o destino dos personaxes introduce un plus de intriga que engaiola e sorprende ao lector.