Doce anos despois de exercer como
alcalde, primeiro no Concello de Teo, e despois
en Santiago de Compostela, Martiño Noriega
regresou á súa profesión, a Medicina. Esta
primavera publica Os médicos tamén enferman
(Alvarellos Editora), unha crónica persoal
onde Noriega relata o seu retorno ao mundo
sanitario nestes anos precarios.
Escrito entre os anos 2021 e 2024, este libro
permítenos descubrir directamente o sentir
dun médico no duro contexto da sanidade
pública nesta época da post-Covid, mais tamén
está inspirado nas voces directas das propias
persoas que escoita cada día na súa consulta de
atención primaria.
«Reincorporeime á medicina ao comezo
da pandemia, despois de moitos anos
de sobreexposición pública. Na Medicina
de Familia reencontreime nos coidados
coa palabra acompañar, co exercicio
de escoitar e co innecesario de ter que
opinar de todo a todas horas. Este feixe
de historias naceron precisamente desa
escoita atenta que pode ser parte da cura>>.