Os Nosos Futbolistas E Adestradores Que Defenderon As Cores Do Celta E Do Deportivo

Autor:
NOELIA REY/HECTOR J. PENA
Editorial:
Autor Editor
ISBN
9788469760451
Idioma
Publicado
2017
Nº de páginas
104
Formato
Rústica
14,95€

"Os Nosos" une por vez primeira nunha única publicación todos aqueles xogadores e adestradores que teñen unha peculiar característica en común: militar durante a súa carreira no Celta e no Deportivo. Así, o derbi galego toma forma de enciclopedia persoal. Moitas das historias que aparecen nesta obra, máis que descoñecidas, son inéditas. De feito, moitos afeccionados quedarán sorprendidos ao saber quen vestiu a súa camiseta. A sorpresa escóndese en cada páxina canda historias que están máis á luz, como as de Oriol Riera, Goran Djorovic, Jabo Irureta, Miguel Ángel Lotina, Fernando Vázquez, Flaco Gil, Pahíño ou Mariano. Deportivistas e celestes atoparán un perfecto entretemento e conseguirán facerse coa información máis inesperada. -"Publicación que fará as delicias dos amantes do Celta, do Deportivo, do fútbol galego e das curiosidades históricas do fútbol en xeral".