Os ollos do Tangaleirón

Autor:
Xosé A. Neira Cruz
Editorial:
Editorial Galaxia, S.A.
ISBN
9788491511960
Idioma
Gallego
Nº de páginas
0
Formato
Rústica
12,20€

Recuperamos esta obra de Xosé A. Neria Cruz premiada en 1999 co prestixioso Premio Barco de Vapor. Neste libro imos atopar a historia dunha moza que vai ter que enfrontarse a unha morea de atrancos para completar a súa investigación en criptozooloxía, ou sexa, na procura de animais cuxa existencia non foi aínda probada. Coma o Tangaleirón. Con eses vimbios o autor constrúe unha trama engaiolante que vai facernos trepidar e non deixar a lectura, ao tempo que nos fai conscientes de certas cuestións medioambientais que non sempre temos presentes. Ao tempo, é unha reivindicación da muller e das dificultades que a sociedade aínda lle segue a poñer para o seu completo desenvolvemento. Un libro imprescindible da nosa literatura xuvenil que neste 2018 volve chegar ás mans do público lector máis novo.