Os Winkle:mais Finos Ca Un Allo

Autor:
R., IVAN
Editorial:
Edicions Do Cumio, S.A.
ISBN
9788482895680
Idioma
Publicado
2022
Nº de páginas
244
Formato
Rústica
16,95€

Unhas ilustracións espectaculares introdúcenos nunha historia protagonizada por unha familia NADA CONVENCIONAL. Xa desde o propio título intúese que a través da narración en primeira persoa dun dos membros da familia que o libro vén cargado de humor de principio a fin. "Este son eu, Peter Winkle, fillo, neto e bisneto de moitos Winkle diferentes: Winkle perruqueiros, Winkle panadeiros, Winkle carteiros e até Winkle trapecistas." Unha especie de Familia Monster pero co mundo vexetal e a súa horta como pano de fondo como nexo común entre todos eles. Podería parecer un libro vegano ou vexetariano... Ou quizais non? A través de cada un dos membros da familia imos descubrindo os seus gustos e sobre todo costumes moi saudables: consellos e trucos... ao libro non lle falta detalle. Ata contén receitas! Unha maneira un tanto distinta de gozar a lectura dobremente saudable.