Ourense.Dez MIL Anos Nun Xantar

Autor:
Miguel Mosquera Paans
Editorial:
Edicións Embora
ISBN
9788492644544
Idioma
Gallego
Formato
Rústica
17,00€

Sinopse Ourense, dez mil anos nun xantar. Estudo de Antropoloxía da Alimentación que revisa os dez mil derradeiros anos da cociña galega, a evolución dos alimentos, a tecnoloxía da conservación, as receitas antigas e outros ámbitos da gastronomía do país. A presente obra pretende constatar a importancia que o alimento tivo de forma episódica nunha comunidade humana considerando a diversidade de aspectos relacionados coas actividades do ser humano e a súa evolución antropolóxica: desde as formas de nomadismo ata a sedentarización, da caza e recolección ao cultivo e pastoreo para garantir as necesidades esenciais de supervivencia, e desde ese punto de inflexión observar o nacemento e desenvolvemento da lexislación, tributación, conflitos bélicos, persecución, clandestinidade, expansión, comercio e en definitiva socialización, que tivo sempre como orixe e fundamento o alimento. O traballo recolle a diversidade de chans e microclimas; o crisol de culturas que constituíu a provincia de Ourense, porta de Galicia por vía terrestre e na que desde a antigüidade foi un incesante fluxo de pobos algúns de paso e outros para quedar: tartesos, fenicios, astures, celtas, romanos, heteroxéneos bagaudas, suevos, vándalos, visigodos, xudeus, viquingos, musulmáns de toda índole, desde persas a bereberes, pasando por iemenís e árabes. Casteláns, franceses, ingleses e máis recentemente o intercambio e mestizaxe xurdida a raíz da emigración e actual inmigración, supoñen unha riqueza cultural tamén recollida no libro.