Oxford Amen

Autor:
Carlos G. Reigosa
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788497824309
Idioma
Gallego
Nº de páginas
392
Formato
21,00€

Sinopse Carlos Mosqueiro, que acaba de sacar o título de Ciencias Políticas, sen avisar a pais nin noiva, abandona Madrid en tren e cruza cidades, países e mares en busca de algo que descoñece. Tras unhas xornadas nunha comuna londiniense, será en Oxford onde se enfrontará coa súa soidade. Oxford, amén foi a primeira novela publicada en 1982 por Carlos G. Reigosa. A presente edición galega constitúe a recuperación dunha obra recibida de forma entusiasta pola crítica: “Un libro duro, frío, ambiguo, incluso roto, acerca da viaxe, o caos e a noite do futuro que chegou” (Alfredo Bryce Echenique). “Así como a inesquecible novela El Jarama de Sánchez Ferlosio foi a gran novela dos anos cincuenta e sesenta, Oxford, amén é a das dúas décadas seguintes” (Juan María Gallego Tato). “Reigosa é o noso Kerouac e Oxford, amén é o On the road que ata agora non tiñamos” (Perfecto Conde). “Un profundo diálogo cos mitos da rebeldía xuvenil de todos os tempos” (Francisco J. Satué)