Pan Con Xamón

Autor:
Charles (1920-1994) Bukowski
Editorial:
Factoria K
ISBN
9788496957725
Idioma
Gallego
Publicado
2022
Nº de páginas
348
Formato
Cartoné
20,00€

Pan con xamon é o relato autobiográfico co que Charles Bukowski nos narra, da man do seu propio alter ego, Henry Chinaski, o seu paso pola infancia e a xuventude. A obra transcorre na cidade de Los Angeles durante os anos da Gran Depresión. 0 mozo Henry amosaranos a sordidez na que malviven as clases máis baixas, desocupadas e abafadas pola crise económica. Un mundo atroz, personificado na brutalidade do pai, na submisión da nai, no sadismo dos nenos... Un mundo no que hai moi poucas posibilidades de fuga. Bukoswki, xa na súa madurez, bota man da memoria é crea Pan con Xamón, unha das súas mellores novelas. Escrita cun estilo directo e descarnado é quen de provocar o sorriso e a emoción, ao tempo de denunciar o soño americano anterior á Segunda Guerra Mundial. Pan con Xamón foi publicada por primeira vez en 1982 en EE.UU. e traducida a máis de 100 idiomas.