Pangalaica

Autor:
Xurxo Souto,
Editorial:
Editorial Galaxia, S.A.
ISBN
9788491515616
Idioma
Publicado
2020
Nº de páginas
92
Formato
Rústica
20,00€

O 17 de marzo de 2020, Xurxo recibe a chamada de María Obelleiro, directora de Nós Diario A pandemia paralizou a actividade cultural. Pídelle que durante uns días escriba un pequeno texto para ocupar o espazo que deixou a axenda. É a escusa que precisa. Ao día seguinte aparece “Haberá primavera!”, a primeira entrega dunha longa serie —seis meses de petiscos literarios— para construír toda unha cosmovisión. Persoas e historias marabillosas que foi coñecendo, dende que, hai trinta anos, comezou a percorrer o país co primeiro disco dos Diplomáticos de Monte-Alto, Arroutada Pangalaica.