Paxaros Tamen Migran Ao Sur, Os

Autor:
Silverio Cerradelo
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788497825290
Idioma
Gallego
Nº de páginas
168
Formato
Rústica
17,00€

O Jordi empeza a escribir nun caderno o que aconteceu na súa relación coa Eva, unha rapaza alemá que lle deixou unha pegada indelébel. Todo empezou un día cando estaba a tomar un cortado nunha cafetaría e viu aparecer pola porta unha muller nova que traía baixo o sobrazo un mangado deses xornais que vende a xente necesitada. Era a Eva. Todo se vai complicar, logo dun tempo de se coñeceren, cando lle confesa que se prostitúe porque necesita a heroína e que debe marchar a hamburgo a desentoxicarse. Os paxaros tamén migran ao sur é unha novela social. Unha historia de amor transgresora que se desenvolve nunha capital grande, Barcelona, onde a comunicación humana non é doada. Unha novela que cuestiona a sociedade consumista postmoderna. Unha ambientación moi coidada e un erotismo elegante. Un texto engaiolante que non podemos deixar de ler até o final.