Pel De Lobo

Autor:
Xosé Miranda Xoán R. Cuba,/Antonio Reigosa/Xosé Miranda
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788483028650
Idioma
Gallego
Publicado
2021
Nº de páginas
112
Formato
Rústica
13,50€

Novela de aventuras e terror, escrita nunha prosa moi coidada e unha lingua popular moi puída, recrea o mito popular e literario do lobishome. Unha homenaxe ás crenzas e a lingua de tódolos habitantes das montañas de Lugo e Ourense e aos escritores da súa estirpe, como Laureano Prieto, Vicente Risco, Ánxel Fole, Fiz Vergara Vilariño ou Uxío Novoneyra. O protagonista da historia é Xosé Novoa, un mozote de dezasete anos. El e o seu pai tiñan sona de bos tiradores e os veciños solicitábanos para matar lobos. Desta volta, Xosé dará conta en primeira persoa do acaecido na chamada que lles fixeron as xentes do Incio, na procura dun lobo enorme, que algúns din completamente negro e outros branco, unha besta que xa comeu un par de nenos e unha rapaciña que pastoreaba o gando. Alí no Incio, Xosé coñecerá a beleza inquedante das irmáns Ana e Aurora e enfrontarase ás gadoupas dun animal que non ten medo do home nin do lume