PERO...COMO MORREN AS PEGAS?

Autor
Óscar M. Guzmán
Editorial
Editorial Galaxia
ISBN
9788411762489
Idioma
Gallego
Publicado
2024
Nº de páginas
256
Formato
Rústica
Colección
LITERARIA (LG)
Peso
286 gr
Dimensiones
150 x 230 x 12 cm
20,50€

V PREMIO DE NOVELA VILAR PONTE 2023 Resulta curioso como a morte, a solución final que lle dá senso á vida, semella unha novidade abraiante en cada ocasión que nos toca de preto. Así lle acontece a Saladino Mariño, inspector xefe da Policía Nacional, cada vez que se chanta diante dun cadáver nunha das súas investigacións criminais. Desta volta, acompañado polo seu segundo, o inefable subinspector Leopoldo Xelmírez, e o resto do seu equipo, intentarán resolver o asasinato dun magnate ourensán do transporte. Un crime onde se mesturan o roubo de xoias, o amor e a morte. Unha intriga que nos levará a percorrer boa parte da provincia ourensá, e parte de Portugal, na procura dun pasado ocultado baixo o constante grallar dunha bandada de pegas no ar.