Narra a historia dunha avogada que foxe a Venecia para superar unha crise matrimonial e a dura defensa dun preso independentista.
Sinopse
A perspectiva desde a porta é a novela que confirma unha narradora valente, viva, innovadora... é unha narración que se sitúa entre as arriscadas materias que debe acompañar sempre á literatura.
N´A perspectiva desde a porta a avogada Nadia foxe de Santiago cara a Venecia para esquecer as súas realidades máis cotiás, como a crise matrimonial ou a defensa dun preso independentista. Pero Venecia nunca lle fará esquecer Compostela, nin sequera a relación amorosa cun camareiro veneciano.
Os diversos personaxes fan d´A perspectiva... unha obra amena, intensa, distinta, actual.
Unha novela polémica desde o mesmo momento de ser concibida e publicada nun país sen concibir.