Poesía Galega Completa Ramón Cabanillas

Autor:
Ramón Cabanillas Paulo Nogueira/Magoia Bodega/Ramón Cabanillas Ramón Cabanillas/Xosé María Com., Dobarro Paz
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788499140629
Idioma
Gallego
Publicado
2021
Nº de páginas
1040
Formato
Rústica
38,95€

Este volume, preparado polos catedráticos Xosé Ramón Pena e Xosé María Dobarro, reúne todos os poemarios publicados por Ramón Cabanillas, así como a súa obra poética dispersa, introducindo importantes novidades ecdóticas con respecto ás dúas edicións de obra completa anteriores, tanto a publicada en 1959 nun único volume polo Centro Galego de Bos Aires como a editada por Xesús Alonso Montero entre 1979-1981. O establecemento dun novo índice de poemas, a confección dunha táboa de correspondencias entre os textos aparecidos en diversos volumes, a inclusión de numerosas novidades con respecto ao seu lugar de publicación e o rigor na actualización da edición textual fan deste volume un referente para o coñecemento da obra dun poetas primeiros en lingua galega do século XX.