Poesia e teatro


por página
Imagen de Metalurxia

Metalurxia

Sinopse Falla a lóxica do metal. Progresivamente. Morre nun dilema: estructura ou superficie. Ciclos de tensións repetidas causan fracturas diminutas
Imagen de Códice Calixtino

Códice Calixtino

Sinopse Versos emocionados e emocionantes, atravesados de intimidade. Xogo sensual onde a luz e a sombra debaten a súa fortuna. Luz Pozo Garza dános, neste texto, unha das mellores mostras do seu quefacer poético
Imagen de Aires Da Miña Terra

Aires Da Miña Terra

Sinopse Manuel Curros Enríquez (1851-1908) é a grande voz civil do século XIX, figura sobranceira do Rexurdimento, e Aires da miña terra, publicado por primeira vez en 1880, un dos libros máis populares das nosas letras. A súa poesía directa, realista, case sempre ó servicio dunha causa, (...)
Imagen de Longa Noite De Pedra

Longa Noite De Pedra

Sinopse Longa noite de pedra (1962) é un dos libros claves para entender a nosa literatura contemporánea, libro emblemático, referencia obrigada de toda unha xeración de autores e lectores. Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1912-Vigo, 1979) acada nestas páxinas algúns dos seus momentos máis (...)
Imagen de Da Terra Asoballada

Da Terra Asoballada

Sinopse O título Da terra asoballada xorde por vez primeira na obra de Ramón Cabanillas como unha das seccións nas que aparece dividido Vento mareiro (1915). Xa en 1926, Da terra asoballada volve aparecer na cabeceira dun poemario ben diferente daqueloutro de nove anos atrás. Agora Cabanillas (...)
Imagen de Profecía Do Mar

Profecía Do Mar

Sinopse Nacido en Cangas, en 1932, Bernardino Graña aparece vinculado na súa carreira literaria ao colectivo e máis á editorial Brais Pinto, de singular relevo no proceso de renovación literaria, plástica e mesmo ideolóxica que se leva a cabo no noso país a partir de mediados dos anos cincuenta. (...)
Imagen de A Rosa De Cen Follas

A Rosa De Cen Follas

Sinopse A rosa de cen follas (publicada por vez primeira en 1927), amósanos outro dos Cabanillas posibles: desta volta, o poeta autor de delicadas composicións de amor, que lembra a Rosalía, a Becquer ou aínda a Heine. Un Cabanillas romántico, e preocupado por unha depuración de sinxeleza formal, (...)
Imagen de Maxina

Maxina

Sinopse Marcial Valladares Núñez (1821-1903) é autor da primeira novela galega do século XIX, obra sobranceira do rexurdimento: Maxina, ou a filla espúrea (1890). Nese mesmo ano publicou Rosalía de Castro Follas Novas e M. Curros Enríquez Aires da miña terra. Presentada primeiro por entregas no (...)
Imagen de Na Noite Estrelecida

Na Noite Estrelecida

Sinopse Na noite estrelecida (1926) é a recreación poética, dende Galicia, dos vellos mitos artúricos e bretóns: Merlín, a epada Escalibur, Galahaz, a antiga Caledonia, o vaso maravilloso do Santo Grial... Espléndido canto da memoria dun tempo soñado, de feliz tradición das nosas letras, onde (...)
Imagen de Con Pólvora E Magnolias

Con Pólvora E Magnolias

Sinopse Con pólvora e magnolias (1976) é unha referencia obrigada na nosa lírica contemporánea. Unha certa perspectiva temporal salienta cada vez máis a significación deste libro, que marcou un fito, unha mudanza radical e necesaria na poesía galega dos últimos anos. Amor e desamor, paixón pola (...)
Imagen de De Catro A Catro E Outros Textos

De Catro A Catro E Outros Textos

Sinopse Este libro de poemas, que conta nesta edición cun estudio introductorio de Helena González Frenández, foi concibido nas prácticas que Manuel Antonio fixo como piloto entre 1926 e 1927 no paquebote Constantino Candieira. Esta obra foi a única publicada en vida e supón o cumio dunha voz (...)
 Primero ... Anterior 46 47 48 49 50 Siguiente