Por Tras Dos Meus Ollos

Autor:
Nacho Taibo
Editorial:
Sotelo Blanco, Edicions
ISBN
9788478243358
Idioma
Gallego
Nº de páginas
131
Formato
Rústica
5,00€

Sinopse A novela de Taibo desenvólvese nun período crucial para a historia de Galicia, pero sobre ese pano de fondo destaca unha figura descoñecida para nós, unha muller que conta a súa experiencia daquel tempo filtrada a través dos seus propios ollos, tal como sufriu e gozou. Membro da nobreza, enviúva nova e faise amante do arcebispo Fonseca, coñece personaxes hoxe míticos coma Pedro Madruga e vive de preto a rebelión irmandiña e, sen embargo, o máis importante do seu relato non son os feitos históricos nin os personaxes que os levaron a cabo, senón o que ela como muller pensa e sente, os seus erros ó enxuizalos, a súa intuición profética, a lamentación ante a grave dimensión das desgracias que a arrodearon e o seu propio drama como nai e amante. Velaquí unha novela extraordinaria porque nos obriga a propiarnos dese pasado como se fose novo