Precipicios

Autor:
Beatriz Dacosta Molanes
Editorial:
Francka Editora
ISBN
9788493257507
Idioma
Gallego
Nº de páginas
156
Formato
Rústica
11,00€

Sinopse É este un libro de agora, dos tempos que vivimos, das cousas que pasan. É unha novela atrevida sobre unha muller moderna e a súa procura de felicidade, narrada por unha autora cos dous pés na terra. A protagonista, Paz, é unha muller coa vida feita: marido, fillos, casa e traballo. Pero o tedio e a mentira inundan os seus días desde hai moitos anos. A infelicidade converteuse en desesperación que non atopa comprensión nos que a arrodean. Cada vez resulta máis difícil manter a ficción da cegueira e facer como se todo estivese ben. A liberación non é máis que unha promesa esquecida. Soa na súa existencia, Paz séntese sen forzas e desexa acabar con todo. O precipicio. Pero un día aparece Delia, a doce Delia. Dúas mulleres buscando amor. Algo vai pasar. As resistencias son moitas, veñen de fóra pero tamén de dentro. ¿Onde se atopan as respostas? ¿Na sociedade? ¿Na familia? ¿Nas amizades? ¿Na paixón? ¿Hai respostas? ¿Existe a felicidade? ¿Hai un dereito a ela? O que hai é unha historia fascinante sobre o valor dunha persoa a enfrontarse á realidade e ás mentiras da sociedade, sen falsos pudores. Non se conforma co que hai e procura o seu anaco de amor, de pracer, de sexo. Coa mente lúcida avanza cara a un destino descoñecido. Moitas veces dubida de si mesma e ten ganas de tirar con todo: a familia, a vida... Pero algo a empurra cara adiante, sobre todo despois de coñecer a Delia. ¿É Delia esa grande salvación coa que Paz sempre soñara? ¿Poden ser felices xuntas? ¿Poden estar xuntas? Algo vai pasar.