Punto De Fuga

Autor:
Miguel Cuba
Editorial:
Demo Editorial
ISBN
9788493699352
Idioma
Gallego
Publicado
2023
Nº de páginas
80
Formato
Rústica
12,00€

A historia de Mateo é a historia dunha voz anónima pertencente a toda unha xeración que sabe cal é o prezo da comodidade que nos ofrece a sociedade consumista, e aínda así non perde a esperanza de atopar o seu punto de fuga para cruzar o horizonte máis alá da indignación. Nese horizonte arredado aparecerá sen dúbida esa liña mestra que axude á consecución do debuxo da súa vida. O autor, Miguel Cuba, aborda con esta primeira novela gráfica una historia actual, crítica coa sociedade que o rodea mais optimista e esperanzadora de cara ao futuro, onde a sorte tamén ten o seu papel. Punto de fuga é unha voz íntima e anónima lanzada ao ar con ironía e humor. «Miguel Cuba amosa nesta obra todas as súas potencialidades como autor de cómic e fai unha achega madura, necesaria e importante á banda deseñada galega.» Miguelanxo Prado