Quen Escribira A Miña Historia?

Autor:
Iria Morgade Vlalvárcel
Editorial:
Editorial Galaxia, S.A.
ISBN
9788411760546
Idioma
Gallego
Publicado
2023
Nº de páginas
366
Formato
Rústica
20,75€

As persoas presas no campo de concentración fronte ao mar non paraban de debuxar nas paredes do mosteiro. Facíano quizais para voar lonxe do horror. Tamén escribían, deixando nos muros as súas últimas mensaxes, os seus derradeiros pensamentos. Unha desas frases convértese para Alba nun enigma que é preciso resolver. Intentalo levaranos a unha viaxe entre os anos trinta e o novo milenio, entre dous confinamentos ben diferentes, entre o presente e o pasado, aquel dos presos do mosteiro, pero tamén o da propia Alba, cativa, tamén ela, da violencia que non pasa.