Querido Eduardo Cartas De Suárez Picallo A Blanco Amor

Autor:
Antón Lopo
Editorial:
Chan Da Polvora
ISBN
9788494570124
Idioma
Publicado
2016
Nº de páginas
103
Formato
Rústica
14,00€

Unha correspondencia extraordinaria de dous homes extraordinarios. Cartas que percorren os grandes escenarios da política galega do século XX: a República, o Estatuto de Autonomía, a Guerra Civil e o Exilio. O séu autor, Suárez Picallo, foi o deputado máis popular do galeguismo e o seu destinatario, Blanco Amor, o autor da mellor novela da nosa literatura. Os dous eran galeguistas, emigrantes, activistas de esquerda, homosexuais e periodistas. Formaban unha combinación explosiva que na Arxentina minaba as ideas da colectividade galega e en Galicia levantaba ronchas. Castelao, Virxinia Pereira, Negrín, Novoa Santos, Trujillo ou Alonso Ríos son só algúns das personaxes que os acompañan neste relato profundo e emocional, libre e tráxico, íntimo e descarnadamente sincero.