Querido H.P. Lovecraft

Autor:
Antonio Manuel Fraga
Editorial:
Urco Editora
ISBN
9788415699835
Idioma
Gallego
Publicado
2016
Nº de páginas
151
Formato
Rústica
13,00€

Obra gañadora do I Premio Antón Risco de Literatura Fantástica. Querido H.P. Lovecraft: Cando leas estas liñas eu non estarei xa no mundo dos vivos Con estas palabras comeza a carta que Robert E. Howard lle envía ao seu amigo e mentor. Nun delirante escrito, o fantasista texano narra o seu progresivo descenso cara ao inferno da loucura e a desesperación, iniciado coa visita a unha antiga tumba india no interior dunha cova. A partir dese fatídico día, Howard comeza a sentirse acosado polas sombras propias e alleas, nunha desacougante mestura de soño e realidade. A escrita, os amigos, a relación coa súa moza, a saúde da nai... cada aresta da súa vida semella afectada polo miasma malsán no que devagar se vai mergullando. Sen saída, totalmente acurralado polo celme dos seus medos, Howard debe procurar unha solución, unha fuxida, un sacrificio.