Renacer A Descuberta Das Palabras Maria Victoria

Editorial:
Sermos Galiza S.A.
ISBN
9788409015832
Idioma
Gallego
Publicado
2018
Nº de páginas
215
Formato
Rústica
15,00€

Coordinado por Mercedes Queixas e Cesáreo Sánchez, secretaria e presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), sae do prelo o segundo número de De Nós. Monografías con perspectiva galega, a nova cabeceira editada por Sermos Galiza, S.A. con motivo do inicio de 2018. A través de oito textos, preténdese achegar unha idea de conxunto de quen foi María Victoria Moreno, explica Mercedes Queixas, quen sinala que o monográfico recompila un breve argumentario expositivo dun perfil humano e literario moi amplo, moi diverso e moi vizoso que pode axudar a entender a calquera persoa cales foron as razóns que levaron a Academia a decidir que o Día das Letras Galegas de 2018 se centrase no coñecemento e na recuperación da figura de M Victoria Moreno, a cuarta muller en 55 anos de historia do Día das Letras Galegasö.A coordinadora deste volume pon de manifesto que esta é unha oportunidade históricaö para recuperar unha voz da literatura galega que marcou moito o propio sistema literarioö e advirte de que quen a descobre por vez primeira percibe unha voz absolutamente en tempo presente, co cal se conclúe o seu carácter pioneiro, vangardista, adiantado do seu momento vital e de creación literariaö. Unha muller culta que era coñecedora dos procesos de escritas e das inquedanzas culturais doutros países e que ela sempre intentaba importar para reactualizar conforme o noso propio criterio para a literatura galegaö, engade.