Sansón Troleyro

Autor:
Enrique Vázquez Pita
Editorial:
Edicións Xerais De Galicia, S.A.
ISBN
9788499140117
Idioma
Gallego
Nº de páginas
304
Formato
Rústica
13,60€

Sinopse Sansón Troleyro, estudante de Medicina, posiblemente sexa o veciño máis intelixente e espelido de Santiago en 1672. Pero ninguén recoñece a súa agudeza. O seu señor, o colexial don Baltasar, obrígao a compoñer poemas, móeo a couces e trátao coma un can. O bacharel Sansón tamén ten enredos coa Inquisición, que o persegue porque disque é bisneto dunha meiga de Cangas e porque lles anda a vender herbas da risa aos peregrinos. Os seus profesores e compañeiros téñeno por burricán e búrlanse das súa snovas teorías sobre a circulación do sangue. Ademais, Troleyro vive atormentrado polo sospeitoso pasado da súa familia de menciñeiros e curandeiros, pese a que el interésanlle máis as ciencias e a razón que ilumina Europa. É un inadaptado, un rebelde fóra de tempo e lugar que ve como a vida pasa e se lle escorre entre as lecturas prohibidas polo Santo Oficio. Pero grazas ao seu enxeño e a novos aparellos como o microscopio gaña fama pola súa agudeza para resolver crimes e salvar a vida de inocentes, que non de doentes. Sansón Troleyro. Estudante de pan e sardiña, primeira novela de Enrique Vázquez Pita no catálogo de Xerais, é a primeira entrega dunha serie protagonizada por este inquedo e rebelde bacharel compostelán do século XVII