Saudades De Kissinger

Autor:
Etgar Keret
Editorial:
Rinoceronte Editora
ISBN
9788492866212
Idioma
Gallego
Publicado
2018
Nº de páginas
184
Formato
Rústica
16,00€

O anxo sempre levaba posta unha gabardina para que non se lle visen as ás. No cemiterio, os rapaces tirábanlles pelotas de tenis ás lápidas: se lle daban á tumba dun oficial era un punto para eles, se lle daban á dun recruta, o punto era para o cemiterio. Un mago repasa a súa listaxe de trucos antes de saír a escena. Logo, no autobús, coincide con alguén que viaxa cun coitelo tan grande que ocupa dous asentos. Un mesmo ruído de fondo entrelaza este conxunto de relatos de Etgar Keret. Está formado polo estalo de multitude de pesadelos que se confunden coa realidade. Os soños protectores atenúan tanto barullo, mais as vidas dos protagonistas só conseguen evadirse das hostilidades do día a día durante o breve escintileo que se produce no intre do espertar.