Schopenhauer

Autor:
Celso Goldaracena Del Valle
Editorial:
Baía Edicións
ISBN
9788496128859
Idioma
Gallego
Publicado
2021
Nº de páginas
143
Formato
Rústica
4,95€

Sinopse Arthur Schopenhauer naceu en Danzig (Polonia) en 1788 e comezou a estudar medicina en Göttingen, pero abandonouno pola filosofía. En 1811 foi a Berlín, onde amosou interese polas disertacións de Schleiermacher e despois se retira para preparar a tese doutoral: ''A cuádruple raíz do principio da razón suficiente'' (1813). Nesta cidade foi profesor ata que se retirou a Frankfurt en 1831, onde morrería en 1860. Trala tese compuxo a súa obra principal (''O mundo como vontade e representación''), que non tivo o éxito que se lle prevía: máis tarde, en 1836, publica ''Sobre a vontade da natureza''. A súa admiración era por Kant e o seu desprezo polos idealistas da época. Para el, a representación é a dimensión aparencial da realidade, mais por baixo aparecerá a vontade se se trata de descubrir o que agocha, froito de intuír a vontade propia, irracional na súa propia natureza. A propia vontade non é máis ca un caso da Vontade que invade o mundo (algo así como a entropía da física) e que se manifesta dende os seres inorgánicos ata no ser humano, onde conflúen vontade e representación. A cuestión é que a vontade que busca a súa propia conservación é egoísta, por iso é necesaria a existencia do Dereito para coutala. O coñecemento da realidade posibilita superar o egoísmo e simpatizar co resto da Natureza, nunha sorte de identificación nirvánica