SEMPRE EN GALIZA. ESCOLMA POSIBLE

Autor
HENRIQUE MONTEAGUDO, Xosé Manuel Dasilva
Editorial
Editorial Galaxia
ISBN
9788411764155
Idioma
Gallego
Publicado
2025
Nº de páginas
297
Formato
Rústica
Colección
Biblioteca 75 anos
Dimensiones
150 x 220 cm
22,00€

O volume que aquí se presenta é un eco da Escolma posible realizada por Marino Dónega e publicada por Galaxia en 1964, ano en que a RAG dedicou o Día das Letras Galegas a Castelao, mais a que agora se publica incide no pensamento político do rianxeiro, que na primeira aparecía de xeito minguado e parcial, non seguindo o criterio do antólogo nin da editorial, debido ás limitacións impostas polo franquismo. Nesta cinguímonos a un único título, Sempre en Galiza, un conxunto de textos de distinto carácter producidos en circunstancias diferentes e dirixidos a públicos diversos. Os elementos que dan unidade á obra son o fondo ideolóxico que a atravesa e a intención de informar da defensa do carácter nacional de Galicia e do seu dereito ao autogoberno. Sempre en Galiza é unha obra de lectura ardua nalgunhas partes para o público non especialista, pero que calquera galego ou galega cun mínimo de inquedanza cultural debe coñecer. Polo tanto, na presente escolma, realizada por Henrique Monteagudo, director da Cátedra Institucional Castelao da USC, procúrase ofrecer unha imaxe fiel da obra para achegala a un público amplo, facilitando a súa comprensión e alixeirándoa de contados redundantes, secundarios ou de interese menor.

libros mas destacados (147) , novedades (94)