Socialismo En Europa 2020

Autor:
Xabier Pérez Davila
Editorial:
Xunta De Galicia*
ISBN
9788484874911
Idioma
Publicado
2020
Nº de páginas
531
Formato
Rústica
29,95€

O golpe de Estado que acabou coa experiencia socialista de Salvador Allende e a desintegración da URSS permitiron proclamar o fin da historia . Só existiría unha política económica posíbel , a neoliberal , e un único modo de produción , o capitalista . Contemplamos cincuenta anos de aumento da desigualdade até niveis extravaganes , precarización xeneralizada do traballo e caída da participación dos salarios no produto total . En resumo , intensificación da explotación e extración compulsiva de máis-valía . O capitalismo triunfante propón un presente e un futuro de mercantilizacion absoluta da sociedade e a vida humanas , desesperanza e cinismo . O capital móstrase incapaz de reconducir a crise ecolóxica e frear o aumento da temperatura global poñendo en perigo a existencia dunha sociedade humana civilizada . Silicon Valley utiliza as tecnoloxías da información , a comunicación e os datos para converter en mercadorías a subxetividade e os afectos , derrogando de facto o dereito á intimidade . A alianza entre capital e orde partiarcal impide avanzar na igualdade económica real da muller , que terma da tripa carga de traballo retribuído de mercado , doméstica e de coidados .  tempo de reabrir un proxecto civilizador que poña o ser humano por diante da produción de mercadorías e máis-valía .