Son Da Cidade, O Libro Da Musica Viguesa Do Noso Século

Autor:
Pablo Vázquez Dueñas
Editorial:
Editorial Galaxia, S.A.
ISBN
9788491518365
Idioma
Publicado
2022
Nº de páginas
156
Formato
Rústica
24,40€

A QUE SOA VIGO? Son da Cidade é o libro sobre a música local viguesa do século XXI. Que se está a cociñar nos estudios e salas de concertos da cidade olívica? Do rock ao trap, pasando polo folk, reggae e iazz, nas súas páxinas altérnense textos, debuxos e material gráfico sobre case cincuenta artistas locais que representan a súa ampla e variada escena musical. De sempre, Vigo gozou dunha importante tradición musical. Mesmo antes da Movida dos oitenta, a urbe galega non deixou de acoller o talentosos artesáns do son. Malia que a súa sona mediática sexa menor, na actualidade conta cun potente e diverso abano creativo, con artistas de referencia nos seus respectivos estilos. Dunha maneira visualmente atractiva, amena e accesible a todo tipo de públicos, este ensaio ilustrado pioneiro pretende divulgar o panorama actual e descubrir a que soa Vigo.