Sonoridade Das Auras. Poesia Reunida

Autor:
MANUEL GARCIA BARRROS
Editorial:
Editorial Galaxia, S.A.
ISBN
9788491518471
Idioma
Gallego
Publicado
2022
Nº de páginas
213
Formato
Rústica
16,00€

Edición de Carlos Loureiro Rodríguez e Xesús Domínguez Dono Manuel García Barros adoita ser cualificado como narrador e xornalista, o que contribuíu a un fondo descoñecemento do seu espazo poético, aínda que o verso foi anterior ao seu longo percorrer narrativo e periodístico. Na súa lírica, inédita ou espallada en xornais e revistas da época, descubrimos pezas moi rítmicas, con omnipresencia da natureza, un verdadeiro hilozoísmo, e cunha variada galería de temáticas que van das composicións de circunstancias e festivas, ata as amorosas, sobre a morte, a identificación coa Terra e a loita pola dignidade dos labregos, sen esquecer o seu lado com- bativo contra o caciquismo e as diferenzas sociais. Unha recompilación que permite, a quen ao autor de Berres se queira achegar, ter unha visión de conxunto da súa obra poética. Un elo, máis que necesario, para que García Barros pase a ocupar o lugar reservado para a súa obra e a súa figura nas letras galegas.