Sopa De Nada

Autor:
Gonzalo (1973- ) García Rodríguez
Editorial:
Editora Oqo
ISBN
9788498712247
Idioma
Gallego
Nº de páginas
36
Formato
Cartoné
14,90€

—Se con iso abonda… —Que se abonda? Madia leva! Darabuc e mais Rashin Kheiriyeh son os cociñeiros desta deliciosa Sopa de nada que a partir de agora os esfameados lectores poderán atopar dentro da carta de OQO editora. O autor recupera unha antiga receita, a da Sopa de pedra, un conto popular que como adoita suceder cos relatos de orixe tradicional presenta versións distintas segundo o país. Darabuc, coñecedor desta rica tradición, inspírase nela pero reelabora os ingredientes e cociña unha Sopa de nada, persoal, moderna e con grandes doses de humor. O resultado é unha fábula coa que os rapaces aprenderán a importancia de compartir e de ser solidarios. E por riba, descubrirán que para superar situacións de necesidade e dificultades, moitas veces abonda cun pouco de enxeño e imaxinación.